Saturday 18 de May de 2024

Pablísimo conquista aos nenos e nenas de Touro co seu Contiario


Pablísimo visitou aos nenos e nenas de Touro. Foi o pasado xoves pola tarde. Chegou co ‘Contiario’ para sorprender ao máis pequenos. O Concello de Touro acolleu a función na Casa da Cultura para celebrar o Día Internacional do Teatro. No Contiario colleron todo tipo de contos: contos que empezan ao revés, contos con moitos finais, contos que nunca rematan, contos minúsculos, contos canción. Pablísimo mostrou unha colección de relatos que amosan a variedade e riqueza da literatura infantil e da tradición oral. O Concello lembra que o obxectivo desta actividad foi espertar a curiosidade dos cativos polos libros, por mergullarse nos estantes da biblioteca e dar a coñecer entre os nenos e nenas os contos tradicionais e tamén os contemporáneos. Pablísimo, apoiando a narración, empregou franelógrafos, paneis debuxados, monicreques, música e voz. Os nenos e nenas de Touro pasárono de “rechupete”. A sesión foi amena, participativa, didáctica e divertida.